aelgO libro Fume / Insomnio da autoría de Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns, publicado en 2008 por Estaleiro Editora, foi nomeado finalista da modalidade de teatro dos Premios AELG 2009.

De Estaleiro Editora congratulámonos polo recoñecimento que este nomeamento implica para os autores e agradecemos a atención da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao material dunha editora alternativa e independente como a nosa.

De Estaleiro Editora desexamos a mellor das sortes para o libro dos nosos autores e parabenizámonos de un dos recoñecimentos que, xuntamente co das lectoras e lectores, valorizamos especialmente, o dos escritores, para cuxa liberdade tenta contribuir, modestamente, un proxecto como o noso.

Disponibilizamos, continuación, a lista completa dos nominados na categoría de teatro:

1. Fume / Insomnio, Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns
2. Historia da chuvia que cae todos os días, Roberto Salgueiro
3. Nachtmahr, Raúl Dans
4. Unha primavera para Aldara, Teresa Moure

Capa de Fume / Insomnio:

fume-insomnio

Advertisement