Xesús Couceiro: «O libro galego destruíuse»

Março 15, 2009

xesus-couceiro

Reproduzimos agora, no blogue de Estaleiro Editora, alguma das interessantes reflexões de Xesús Couceiro publicadas por La Voz de Galicia numa entrevista do passado 9 de Março. As palavras do livreiro compostelano desenham, amparadas no conhecimento e na experiência, uma realidade  da indústria editorial galega muito próxima de algumas das valorizações que, ao respeito, se têm feito desde Estaleiro Editora. Possivelmente é por isso que não estranha que a livraria Couceiro tenha sido, desde que publicámos o nosso primeiro livro, um espaço aberto e capaz de de colaborar com uma editora independente como a nossa, demonstrando que, para além de especializada em livro galego, Couceiro é uma empresa com vontade e conciência de dinamização social da cultura em chave galega.

Perguntado por se morrerá o livro em galego Couceiro responde:

-Non, pero cambiou moito. Hoxe non se le e non se compran libros. O libro galego destruíuse, fixeron pan para hoxe e fame para mañá. Non hai ningún produto no mercado que poida subsistir sen promoción, ningún. O Goberno gasta moitos cartos no que lle chaman promoción, pero eses cartos van destinados a subvencionar aos editores, e o libro non chega a onde ten que chegar. Regálanse moitísimos libros en galego, hai a idea de que non fai falta compralos. Agora, a fame que anunciei hai vinte anos, xa chegou. Teñen almacéns ata o teito e non os poden resistir, e os regalan ou os guillotinan para que non se saiba.

Para continuar afirmando que:

-Eu teño libros a catro perras porque os editores non se dan desfeito deles.

E finalizar a entrevista dizendo:

-O libro galego, por este camiño, non vai desaparecer, pero si van desaparecer as canles de comercialización, moitas librerías. Os editores venden directamente nos centros de ensino, cos descontos dos libreiros, tamén para os mestres particularmente, e se os mestres non entran nas librerías, tampouco os alumnos.

Os comentários estão fechados.

%d bloggers like this: