Estaleiro Editora organiza fESTALEIRO, festa por unha cultura libre

Dezembro 16, 2008

festa_estaleirodec08A editorial independente galega Estaleiro Editora celebrará, o próximo mércores 17 de decembro a primeira edición de fESTALEIRO, festa por unha cultura libre. A festa celebrarase no pub Tarasca de Santiago de Compostela (R. Entremuros 13) dende as 22:00 h.

A entrada á festa é gatuíta e haberá sorteos de livros de Estaleiro Editora e de outras editoras independentes, discos editados sob licencias libres e outro material.

A festa contará coas actuacións dos grupos The Name e Ataque Escampe. A banda de rock de serie B celebra tamén, con este concerto, a despedida da súa exitosa xira “A invención da pólvora”.

Estaleiro Editora pretende, con este acto, divulgar diferentes manifestacións artísticas do ámbito da cultura libre e a creación de espacios en que difundir o seus materiais, alternativos ao circuito oficial da literatura e do pensamento subsidiados.

Lembramos que, coa intención de fomentar o consumo dos seus produtos culturais, o estaleiro coloca todos os seus produtos no seu web, www.estaleiroeditora.org, para descarga libre e gratuíta.

ccjpgdefinitivo2

Os comentários estão fechados.

%d bloggers like this: