Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC

Novembro 17, 2008

icona-dereito Os vindeiros días venres 28 e sábado 29 de Novembro celebraranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría as Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC, organizadas pola Oficina de Software Libre da USC conxuntamente coa Asociación de Usuarios de Linux da USC e o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, coa colaboración da Asociación de Técnicos de Informática e o patrocinio da Consellaría de Innovación e Industria e Mancomún.

Os relatorios versarán sobre o actual marco legal da informática e a información, a fenda dixital, a política interna da USC sobre licenciamento de contidos, privacidade e protección de datos, e propiedade intelectual.

Considéranse de interese para:

  • Investigadores, programadores e creadores de contidos de calquera clase que teñan ou queiran decidir sobre o modelo de licenciamento do seu traballo.
  • Estudantes de Informática e informáticos que busquen unha visión de conxunto dos aspectos legais da súa profesión.
  • Estudantes de Dereito que busquen especialización en dereito de internet, da propiedade intelectual e das novas tecnoloxías.
  • Interesados no estado actual da lexislación e xurisprudencia sobre propiedade intelectual, privacidade e protección de datos.
  • Interesados sobre os aspectos xurídicos da aplicación e validez de licencias libres no marco xurídico do estado español.

Pódese atopar o programa completo, as datas e o formulario de contacto na páxina web das xornadas:

http://www.glug.es/xornadas-dereito-2008

Os comentários estão fechados.

%d bloggers like this: