logo-clube-de-leitura-eurorregiom

A continuación, reproducimos o programa do acto de presentación deste clube de lectura, que vem de escoller a segunda publicación de Estaleiro Editora para comezar a súa actividade:

Acto de presentación do Club de Lectura Virtual

A Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais presentará públicamente o Club de Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión. Este evento terá lugar o vindeiro xoves 27 de novembro as 12:30 h. no IES Xelmirez II sito na rúa Poza do Bar s/n en Compostela.

O programa da actividade será o seguinte:

12:30. Presentación institucional por parte da dirección do Instituto Xelmírez I, D. Manuel Miguel López Mejuto; presidente da Fundación CEER, D. Senén Barro; dirección Fundación CEER, D. Carlos Ferrás; responsable do Instituto Camoes en Vigo; D. Samuel Rego.

13:00. Performance realizada por Espazo de Danza da USC. Espazo de Danza Universitario da Vicerreitoría de Cultura da USC

Dirección: Xoan Carlos Zahera

Bailan: Alumnas do curso de Danza Contemporánea

Amosan unha improvisación coreografiada, é un traballo do laboratorio

de danza contemporánea e experimental.

(entendo que debemos agradecerlle a Vicerreitoria de Cultura a presenza do Espazo de Danza)

13:10. Debate da obra de teatro Fume/ Insomnio por parte dos autores Carlos Losada e Ruben Ruibal (Premio Nacional Español de Obra Dramática do 2007). Esta mesa de debate literario estará moderada por Dna. Pilar Reino, coordinadora do Departamento de Normalización do Instituto Xelmírez I, acompañada pola catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, Dna. Rosario Álvarez Blanco, o portavoz da Editorial Estaleiro Editora, D. Carlos González Figueiras e un membro do alumnado do Instituto Xelmírez I, participante no Club de Lectura deste centro.

14:00. Clausura e peche do evento.

Advertisement