Lanzamento de Fume e Insomnio

Junho 30, 2008

Para lembrar a estrea da colección de teatro de Estaleiro Editora, publicamos agora o comunicado de prensa do acto e algunha das fotografías do evento celebrado o 26 de xuño na Biblioteca Pública Ánxel Casal:

Gabinete de comunicación de Estaleiro Editora

Comunicado de Prensa

Estaleiro Editora inaugura a súa colección de teatro coas pezas

Fume e Insomnio de Rubén Ruibal e Carlos Losada

O próximo venres día 26 de xuño, ás 18:00 hh., Estaleiro Editora presentará, na biblioteca pública Ánxel Casal de Compostela o primeiro libro da súa colección de teatro, en que se editan as pezas Insomnio de Rubén Ruibal e Fume, de autoría conxunta de Carlos Losada e o propio Rubén Ruibal. A editora libre galega inaugura así esta nova colección, coa que pretende explorar novas vías de difusión para o noso teatro, xénero habitualmente desatendido e minorizado no sistema editorial galego .

O acto estará protagonizado polos autores, que alén de presentar os seus traballos contarán coa colaboración de Nacho Castaño, actor que xa participou na montaxe da obra Fume da compañía tetro Cachuzo, para a interpretación de unha lectura dramatizada dos textos. Ademais, intervirán Roi Vidal, un dos especialistas en teatro que integran Estaleiro, e Carlos Figueiras, portavoz da editora.

Actores e fundadores da compañía Teatro Cachuzo, os autores contan cunha ampla traxectoria no sistema teatral galego. Rubén Ruibal (Ribadeo 1970) foi gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2006 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído), editado por Edicións Xerais de Galicia en 2007 e Premio Nacional de Literatura Dramática, que premia anualmente o mellor libro de teatro editado en calquera das linguas do Estado español. Carlos Losada (Cambados 1966) foi gañador do premio Manuel María de literatura dramática infantil (concedido polo Igaem) pola súa obra Game Over (Xerais 2007).

Estaleiro Editora, o selo galego da edición independente, presenta neste acto o primeiro libro da súa colección de teatro. A editora pretende coa apertura desta nova liña de publicación, afondar na súa configuración como alternativa ao circuíto oficial da literatura e do pensamento subsidiados, de que tanto vén dependendo o teatro galego e ten como obxectivo a creación dun espazo de liberdade para a dinamización cultural á marxe das institucións oficiais.

Este novo produto cultural de Estaleiro Editora, ao igual que Plan de Fuga e todos os títulos futuros, colocarase no web, www.estaleiroeditora.com, para descarga libre e gratuíta.

O Estaleiro confirma con esta edición a súa vontade de traballo regular e continúa coa distribución propia e os prezos reducidos (6 € para Fume / Insomnio), como non podería ser de outra maneira para esta plataforma de edición sen ánimo de lucro.

Despois do éxito da presentación de Plan de Fuga, á que asistiron por volta do centenar de persoas, e do bo ritmo das vendas dese primeiro libro, Estaleiro Editora só pode agradecer a todo o seu público o seu apoio e convidalo a gozar deste novo acto.

Atentamente, saúdos:

Gabinete de comunicación de Estaleiro Editora

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: